Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet oficinadoautonomo.gal (en diante, o “Portal') que o Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, IGAPE) pon a disposición das persoas usuarias da Internet, pretendendo fomentar o acceso da cidadanía á información relativa ás iniciativas e servizos do IGAPE, facilitando así as súas relacións co Instituto.

O IGAPE é a titular do dominio de Internet de segundo nivel oficinadoautonomo.gal e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado neste Portal realízase con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que deben ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial. Aínda así, efectuaranse os esforzos precisos para que a dita información sexa exacta e actualizada, pero o IGAPE non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

O IGAPE resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

O IGAPE non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O IGAPE non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

 

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade do IGAPE.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para uso exclusivamente persoal, con suxeición ás seguintes condicións:

  1. Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  2. A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
  3. Esta licenza non reduce nin restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta deste Portal.

O IGAPE procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Internet Explorer, Google Chrome, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Safari, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels ou superior.

 

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente polo IGAPE, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí. (enlace: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=es)

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

 

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación.

Os datos achegados pola persoa interesada utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

De acordo coa Lei 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, lle informamos da existencia dun ficheiro no que se almacenan os datos do seu rexistro como persoa autónoma.

A información existente no citado ficheiro está destinada á prestación de servizos ás persoas autónomas polo IGAPE e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, entre outros, para remitir información relativa a axudas e recursos de apoio ao emprego autónomo que puidesen resultar do seu interese, participar en cursos de formación ou actividades de colaboración con outras persoas autónomas ou con persoas usuarias interesadas no seu negocio, así como calquera outro servizo dedicado a mellorar a estabilidade e calidade do seu emprego autónomo.

Así mesmo, en cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, informámoslle que poderá exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose a calquera oficina territorial do IGAPE, ou ante o responsable do ficheiro:

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA - IGAPE

SAN LÁZARO, S/N

15703-SANTIAGO DE COMPOSTELA

A CORUÑA-ESPAÑA

webmaster@igape.es

 

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

 

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas neste Portal.

Está prohibido utilizar este Portal con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

A persoa usuaria non poderá acceder ao Portal de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

 

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.