Mantente ao día da Oficina Virtual e axúdanos a mellorar

A Oficina Virtual do Autónomo está ampliando as súas funcionalidades e servizos de xeito continuo. Se queres que che enviemos unha mensaxe para informarte dos novos desenvolvemento en canto estean dispoñibles, déixanos os teus datos a continuación. E se tes algunha suxestión ou comentario sobre como podemos mellorar a Oficina Virtual do Autónomo, envíanos as túas achegas.


De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, de 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais incluídos neste formulario serán incluídos nun ficheiro denominado "Relacións administrativas coa cidadanía e entidades" co obxecto de xestionar os servizos da Oficina Virtual do Autónomo, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación á seguinte dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico: lopd.industria@xunta.gal.