Xa é posible acceder directamente dende a Oficina Virtual do Autónomo á tramitación electrónica de solicitudes de ayudas relacionadas co emprego autónomo na Sede Electrónica da Xunta Galicia.


Para facilitar a tramitación segura de axudas e subvencións ás persoas autónomas, e dentro de cada unha das fichas informativas sobre as convocatorias en vigor dispoñibles no apartado de Axudas da Oficina Virtual do Autónomo, existe a posibilidade de acceder directamente á tramitación na sede electrónica, premendo no botón “Tramita dende aquí”.

Project Image

Búscase con elo facilitar a relación entre as persoas traballadoras autónomas e a Xunta de Galicia, poñendo en práctica o compromiso de que a oficina do autónomo sexa a "xanela única" para este colectivo de especial relevancia para a economía galega.

En todo caso, é preciso salientar que para a súa tramitación será imprescindible contar con algún dos sistemas electrónicos de identificación e sinatura admitidos na dita sede electrónica. Para máis información, pode acceder a este enlace e consultalos.

Para aquelas axudas que non sexan competencia da Xunta de Galicia, tense configurado este botón para dirixir ao punto de inicio da Sede Electrónica ou do tramitador correspondente, onde haberá que identificarse ou rexistrarse de acordo cos requirimentos específicos de cada un deles.

Para outros procedementos diferentes das axudas dispoñibles na Sede Electrónica da Xunta, en breve porase en marcha un espazo específico dentro da Oficina Virtual do Autónomo. Nela, relacionaranse os que se consideran de maior interese para o emprego autónomo, xunto cos enlaces para a súa tramitación.

Por último, é preciso lembrar que en todo momento se pode acceder ao estado dos expedientes electrónicos tramitados dentro da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dende este enlace a Miña Sede (previa identificación co sistema de identificación requerido):

Project Image