9 de novembro, xornada Galicia Camiño Emprendedor na Cidade da Cultura

O vindeiro 9 de novembro, en horario de 9:30 h a 17:30 horas, terá lugar no Museo Centro Gaias (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) a xornada Galicia Camiño Emprende.

O obxectivo da xornada é o de achegar á Comunidade Autónoma de Galicia, aos seus autónomos e ao seu ecosistema emprendedor, a opinión de expertos en diversos eidos que expoñan novas iniciativas, enfoques e metodoloxías que nos inspiren un modelo de emprendemento moderno e sostible.

Desenvolverase con intervencións con diversos formatos: entrevista, debate e exposición, con 30 minutos de intervención máis 5 minutos de preguntas do público.

Realizarase un documento de conclusións do evento, que se fará público e se enviará a todas as persoas asistentes.

O aforo é limitado, polo que se require inscrición previa.

Consulta máis sobre o evento, o seu programa e os relatores neste enlace, ou descarga o programa completo da xornada aquí.

Compartir esta noticia