19ª Feira Inernacional de Turismo Gastronómico, Xantar

Entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro celebrarase en Ourense Xantar, Feira Internacional de turismo Gastronómico

Este ano, a Xunta de Galicia colabora e participa na 19ª edición da Feira Xantar, única feira internacional de turismo gastronómico realizada en Galicia e que está recollida no calendario oficial de "Ferias comerciales internacionales" españolas.
Esta feira, ao igual que en anos anteriores, é ideal para poñer en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a súa elaboración e o servizo profesional que os acompaña.
É de especial interese para crear redes de cooperación en materia de gastronomía, turismo sostible e saudable
Este ano conta con Portugal como país invitado, permitindo fomentar o turismo de proximidade ao tempo que se unen lazos entre Galicia e o Norte de Portugal como destino enogastronómico de excelencia.
Máis información neste enlace

Compartir esta noticia