Taller "Comercio electrónico e venda social" do IGAPE

O próximo mércores, 28 de febreiro, terá lugar en Santiago de Compostela, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o Taller sobre comercio electrónico e venda social (Marketing Expertise-Social Selling), centrado en optimizar ao máximo a estratexia comercial dunha empresa desde a transformación dos xeitos de vender (Clientes e B2B).

A partir das 10:00 h desenvolverase unha mesa redonda sobre o comercio electrónico nas Pemes, contando coa participación de varias empresas (Tendeus, Lolita Moda, Recambios Frain e Filamen2print) que están destacando no ámbito do comercio electrónico e que compartirán as súas experiencias cos asistentes.

A partir das 11:30 h informarase sobre as novas axudas do IGAPE á dixitalización; e a continuación, ás 12:30 h, haberá unha charla-coloquio sobre "Redes Sociais e Optimización de procesos de venda", onde intervirá Álex López, formador de Redes Sociais en IESE, ESADE, IE, ISDI e Univ. de Deusto, e profesor de Linkedin & Social Selling.

As sesións van dirixidas a profesionais e responsables de empresas que queiran apostar pola dixitalización, así como aos departamentos implicados en mellora dos seus resultados comerciais aproveitando as oportunidades que ofrecen as redes sociais profesionais e o novo ámbito dixital.

Este encontro, organizado pola Universidade da Coruña, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Igape, busca aportar claves de implementación do comercio electrónico e o "Social Selling".

Máis información e inscricións

Compartir esta noticia