Xornada Reacciona-TIC: Lean no entorno Industria 4.0

O próximo 26 de xuño desenvolverase na sala de cursos do Igape unha xornada técnica do programa ReAcciona que ten como obxectivo apoiar ás empresas para que poidan identificar e seguir os seus propios itinerarios de mellora, tanto no ámbito da organización como no da tecnoloxía, no escenario da Industria 4.0.

A xornada incluirá, a partir das 9,15 e ata as 13:30 horas, relatorios sobre a Industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras ou sobre as posibilidades que achegan as ferramentas organizativas Lean para abordar o reto da aplicación da Industria 4.0 nas empresas galegas.

Neste encontro, tamén se informará polo miúdo sobre os servizos do programa ReAcciona sobre diagnose das capacidades empresariais e a aplicación de solucións Industria 4.0 para melloralas.

Lugar de celebración: Sede do Igape (San Lázaro, s/n - Santiago de Compostela)

Inscrición neste enlace

Compartir esta noticia