Xornada de Prevención de riscos laborais. Coidando ás persoas: Regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e do seu órgano técnico na materia, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), e o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo (INSSBT), pretendemos con esta xornada afondar en problemáticas cada vez máis cotiás e que, sen dúbida, deben ser obxecto de debate, estudo e resposta nunha sociedade moderna, avanzada, e que ten como valor principal nas
organizacións ás persoas.

Por iso e tendo en conta como marco de referencia a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 na que participamos a Administración xeral do Estado, as distintas comunidades autónomas e os interlocutores sociais, organizamos este foro de encontro sobre a reincorporación ao traballo tras unha baixa de longa duración.

Para iso contamos con profesionais de prevención de recoñecido prestixio, de institucións públicas e privadas e con entidades que desenvolveron programas neste ámbito que deben tender a normalizarse.

Esta colaboración demostra na orde científico-técnica a boa sintonía e as sinerxías que existen nun traballo en común e en beneficio de todos, xa que tanto no marco europeo como na estratexia española xa mencionada, como na estratexia galega, se incorporan liñas de actuación neste ámbito.

Dossier de presentación da xornada neste enlace

Máis información na propia páxina das Xornadas e do Issga

Compartir esta noticia