Xornada de estratexias de apoio á industria 4.0

O 16 de xullo terá lugar, en Santiago de Compostela, unha xornada técnica de estratexias de apoio á industria 4.0 organizada polo IGAPE, na que se abordarán as estratexias de apoio á Industria 4.0 e as novas oportunidades asociadas á nova industria.

A xornada incluirá unha mesa redonda sobre as experiencias rexionais de "Digital Innovation Hubs" e relatorios sobre as axudas que no ámbito da Industria 4.0 activarán o Igape e Gain durante o segundo semestre deste ano.

Consulte o programa da xornada neste enlace

Inscricións no enderezo de correo electrónico mat@igape.es

Compartir esta noticia