Xornada de apoio a emprendedores e pemes innovadoras - Neotec 2019

Recentemente aprobouse a convocatoria 2019 do Programa NEOTEC, dotada este ano con 25 M€, coa que o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) apoia proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxía ou coñecemento desenvolvidos a partir da actividade investigadora, nos que a estratexia de negocio se basee na tecnoloxía propia.

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organizan unha xornada informativa dirixida a emprendedores, startups innovadoras, empresas de base tecnolóxica, axentes do ecosistema emprendedor da Comunidade Autónoma de Galicia, onde o CDTI presentará a nova convocatoria NEOTEC 2019, e se reunirá cos asistentes que o soliciten previamente para revisar propostas en preparación.

A xornada terá lugar o vindeiro xoves 20 de xuño, ás 11.30 h, no Edificio Emprendia – USC ( Avenida do Mestre Mateo, núm.2, Santiago de Compostela).

Pódese acceder ao programa e a toda a información da xornada neste enlace

Compartir esta noticia