Venres Autónomos. Segundo encontro en Vigo: 4 de outubro

O próximo 4 de outubro, a partir das 9.30 h, terá lugar en Vigo o segundo dos encontros dos Venres Autónomos, unha iniciativa que se está a desenvolver en diferentes localidades galegas e coa que a Consellería, Emprego e Industria dá continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores co obxectivo de xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.

Os autónomos asistentes poderán presentar a súa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos seus proxectos.

Máis información

Compartir esta noticia