Novo encontro Venres Autónomos. Ourense 28 de febreiro

O vindeiro 28 de febreiro, a partir das 9.30 h, terá lugar en Ourense un novo encontro dos Venres Autónomos, iniciativa que está a percorrer diferentes localidades galegas e coa que a Consellería, Emprego e Industria dá continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores co obxectivo de xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.

As persoas autónomas asistentes poderán presentar a súa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos seus proxectos.


Máis información Inscrición

Compartir esta noticia