Presentación do Programa Re-acciona Innovación da GAIN

O programa Re-acciona é un programa de servizos a pemes que, a través de empresas prestadoras de servizos especializadas, lles permite executar proxectos de mellora en distintos ámbitos.

Nesta convocatoria do programa Re-acciona, GAIN colabora co IGAPE (xestor do programa) en pór a disposición das empresas galegas tres novos servizos de apoio do Programa Re-acciona Innovación:

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

Desenvolvemento de novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.

  • Protección da innovación

Impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais).

  • Asesoramento para o financiamento da innovación

Dirixido a establecer unha estratexia para a obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.​

E para dar cumprida información dos contidos do Programa, a GAIN promove tamén catro talleres formativos segundo o seguinte calendario:

10.03.20 Ferrol

Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño (A Cabana, s/n, Ferrol, A Coruña)

11.03.20 San Cibrao das Viñas

Lugar: Tecnopole (Avda. Edificio CEI, San Cibrao das Viñas, Ourense)

17.03.20 Porriño

Lugar: Centro de Iniciativa Empresarial (CIE) (Rúa D, Paralela 3, Edificio CIE-Sala Formación, Polígono Industrial A Granxa, Porriño, Pontevedra)

25.03.20 Lugo

Lugar: Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar, s/n, Lugo)


Acceso máis información

Compartir esta noticia