Loita contra o Covid-19: Novo servizo de información para empresas e autónomos

No novo contexto internacional provocado polo COVID-19 é preciso seguir a traballar todas e todos xuntos, xa que a saída final a esta situación terá que vir desde o traballo en equipo e a unidade.

Por este motivo, a Xunta de Galicia promove a máxima coordinación cos axentes económicos e sociais.

Para seguir trasladando toda a información e os apoios dos que dispoñe para facer fronte a esta nova realidade, vén de poñer en marcha unha aplicación móbil (App), a través da plataforma Gohu, que facilitará estar máis preto do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego. Con esta iniciativa preténdese que poidan estar informados/as en todo momento das novidades que se produzan.

A aplicación pon á disposición das persoas usuarias, de maneira totalmente gratuíta, información de todas as axudas e as principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta ten aprobado, e que que se verán implementadas en próximas datas con novas iniciativas nas que se está a traballar. De igual xeito, a través da plataforma tamén se ofrece información das principais novidades trasladadas desde a Administración Xeral do Estado.

Con ela, poderán estar puntualmente informado/a e coñecer en tempo real as medidas económicas e laborais impulsadas desde as Administracións.

Se está interesado/a en darse de alta nesta nova aplicación informativa que poñemos a súa disposición, ten toda a información no seguinte enlace:

Máis información

Compartir esta noticia