​Nueva liña de financiamento a pemes e autónomos: préstamos avalados no contexto actual do brote do coronavirus Covid-19

Co obxectivo de que as empresas, especialmente as máis pequenas e o colectivo autónomo, conten co maior número de alternativas posibles para facer fronte ao novo contexto derivado da pandemia provocada polo COVID-19, a Xunta vén de publicar no DOG unha liña de financiamento para garantir a inxección de liquidez ás nosas pemes e autónomos.

Este programa específico pretende que empresas e autónomos poidan atender as súas necesidades máis inmediatas: pago de salarios, facturas, alugueres e impostos. Cubrirá entre 3.000 e 200.000 euros por negocio e o Goberno galego bonificará o 100% dos xuros. O prazo máximo do préstamo a avalar será de catro anos, incluíndo un ano de carencia.

Cunha dotación de preto de 30 millóns de euros, prevese que a nova liña axude ao financiamento de 250 millóns de euros entre o tecido empresarial.

Máis información e tramitación:

Préstamos Autónomos

Compartir esta noticia