Publicado no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-lei que prorroga os ERTE derivados do COVID-19 e a prestación de cese de actividade ata o 31 de maio de 2021

Con esta publicación o Gobermo de España ven de promover un Real Decreto-ley para dar cobertura legal e normativa á ampliación dos ERTE e das prestacións ordinaria e extraordinaria das persoas traballadoras autónomas por causa do COVID-19.

No que respecta á prórroga dos ERTE motivados polo COVID-19, mantense basicamente o mesmo esquema de protección a empresas e persoas traballadoras vixente até o 31 de xaneiro en base ao Real Decreto-lei 30/2020, considerándose automaticamente prorrogados polo que non se necesitarán novas autorizacións administrativas.

O novo escenario normativo contempla o mantemento do tres modalidades de ERTE actuais:

  • A modalidade dos destinados aos sectores cunha elevada taxa de cobertura polos ERTE e unha reducida taxa de recuperación da actividade;
  • Os ERTE de impedimento da actividade e
  • Os ERTE de limitación ao desenvolvemento normalizado da actividade.

As exoneraciones nas cotizacións sociais vinculadas a estas modalidades se manteñen.

No caso dos sectores cunha elevada taxa de cobertura e das empresas da súa cadea de valor, as exencións serán do 85% para empresas con menos de 50 persoas traballadoras e do 75% para as que teñen máis de 50 persoas empregadas, tanto para reincorporadas como para suspendidas.

Nos ERTE por impedimento, aos que poden acollerse empresas de calquera sector ou actividade, as exoneraciones serán do 100% para empresas con menos de 50 persoas traballadoras e do 90% para as que teñan máis de 50 persoas empregadas en persoal.

Nos ERTE de limitación, aos que tamén poden ter acceso empresas de calquera sector ou actividade, as exencións serán decrecientes ata maio de 2021. Para empresas de menos de 50 persoas traballadoras, estas serán do 100% en febreiro, do 90% en marzo, do 85% en abril e do 80% en maio. Para as que teñan máis de 50 persoas empregadas, serán do 90%, do 80%, do 75% e do 70%, respectivamente.

Así mesmo, os ERTE Covid por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción (ETOP) poderán continuar mediante a presentación da solicitude de prórroga ante a autoridade laboral.

En canto aos ERTE destinado aos sectores cunha reducida taxa de recuperación, o RD lei inclúe unha listaxe aquelas empresas cuxa CNAE entre finais de abril e finais de decembro non recuperaron a actividade en porcentaxe inferior ao 70% e cunha porcentaxe de afiliados cubertos por ERTE maior do 15%. Como novidade, respecto dos anteriormente establecidos no RD lei 30/2020, inclúense entre outros os restaurantes e postos de comidas así como os establecementos de bebidas. En total, o Real Decreto-lei detalla 47 actividades como especialmente afectadas.

Doutra banda, este novo Real Decreto-lei detalla tamén a prórroga das prestacións a persoas traballadoras autónomas.

Nese sentido, a protección a este colectivo seguirase articulando ao redor de catro vías:

  • A prestación por suspensión de actividade, 
  • A prestación compatible coa actividade cando haxa caída de ingresos,
  • A prestación extraordinaria para aquelas persoas traballadoras autónomas que non poidan acceder ás dúas axudas anteriores
  • E a prestación para persoas traballadoras autónomas de tempada.

A prestación por suspensión de actividade, que agora se prorroga tamén ata o 31 de maio de 2021, está dirixida a aquelas persoas traballadoras autónomas cunha suspensión temporal de toda a súa actividade por decisión administrativa. A contía da prestación establecida será do 50% da base mínima de cotización (un 20% adicional se é membro dunha familia numerosa).

A persoa traballadora autónoma quedará exonerada de pagar as cotas á Seguridade Social, contándolle como realmente cotizado para todos os efectos. Inclúese tamén a posibilidade de compatibilizala con ingresos do traballo por conta allea até 1,25 veces o SMI e rebáixase do 75% ao 50% a redución de loso ingresos fiscalmente computables da actividade por conta propia con respecto ao segundo semestre do 2019, así como non obter durante o semestre indicado do 2021 uns rendementos netos superiores a 7.980 euros.

Por último, destaca tamén a Disposición transitoria cuarta do Real Decreto-lei na que se establece a suspensión, mentres non se determine a subida do salario mínimo interprofesional, a suba progresiva dos tipos de continxencias profesionais e de cesamento.

Publicación BOE

Compartir esta noticia