A Xunta organiza un curso de formación en liña específico para persoas traballadoras autónomas en prevención de riscos laborais

  • As persoas interesadas poden inscribirse entre o 17 e o 26 de febrero a través do formulario do portal web do ISSGA.
  • A acción formativa, con 300 prazas e 60 horas, desenvolverase entre o 10 de marzo e o 5 de maio de 2021.
  • O alumnado que supere un exame final obterá un certificado que o capacitará para a realización das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

A acción formativa, con 300 prazas e 60 horas de dedicación lectiva, ten por obxectivo mellorar a formación das persoas traballadoras autónomas, neste caso, en prevención de riscos laborais, xa que se proporcionará ao alumnado a calificación que se establece no anexo IV do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención. A través deste curso os participantes poderán acceder, no caso de que superen un exame final, a un certificado que os capacita para a realización das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. A dita proba terá lugar o 5 de maio de 2021 ás 10,00 horas (lugar do exame aínda por determinar).


Publicación DOG

Compartir esta noticia