Preguntas máis frecuentes

O contido deste apartado acerca unha visión xeral e básica sobre aspectos de interese para as persoas afiliadas ó Réxime Especial dos Traballadores por conta propia ou Autónomos (RETA), cun contido únicamente informativo e sen validez normativa ou contractual. Para unha información máis completa e precisa, revisa a normativa de aplicación en cada caso.

Entre as principais obrigas en materia de PRL que ten o emprego autónomo no caso de contar con persoas traballadoras ao cargo, se atopan as seguintes:

  • Integrar a prevención no sistema xeral de xestión da empresa mediante a implantación e aplicación dun plan de prevención.
  • Realizar a avaliación dos riscos que non puideron ser evitados ou eliminados e planificar a actividade preventiva a partir da dita avaliación.
  • Cumprir os deberes de información, consulta e participación do persoal.
  • Levar a cabo unha axeitada vixilancia da saúde do persoal.
  • En todo caso, se asumen todas as obrigas que fixa a lexislación para o empresariado con respecto ao persoal.

De manera sintética, as continxencias en materia de PRL se engloban en dous grupos:

  • Continxencias común. Engloban aquelas situación que poden sobrevira o persoal, impedíndolle traballar e que non están relacionadas coa actividade profesional (conocidas comúnmente como enfermidade común ou accidente non laboral).
  • Continxencias profesionais. Engloban aquelas situación de enfermidade ou accidente que poidan sobrevira o persoal, impedíndolle traballar e que foran causadas ou agravadas pola actividade profesional (coñecidas comúnmente como accidentes de traballo ou enfermidade profesional).

Entre os principais dereitos que ten o emprego autónomo en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL) se atopan os seguintes:

  • A interromper a actividade e abandonar o lugar de traballo en caso de risco grave e inminente para a vida ou a saúde.
  • A recibir a información e instrucións adecuadas aos riscos existentes cando desenvolvan actividades nun centro de traballo alleo.
  • A recibir a información necesaria para manipular sen riscos a maquinaria, equipos, produtos, materias primas e útiles de traballo facilitados pola empresa para realizar a actividade fóra do centro de traballo desta.

Entre as principais obrigas que ten o emprego autónomo en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL) se atopan as seguintes:

  • No caso de concorrir nun mesmo centro de traballo con outras persoas traballadoras, cumprirase cos deberes de cooperación, información e instrución.
  • Informar sobre os riscos específicos que poidan afectar aos traballadores e ás traballadoras doutras empresas, en particular os que poidan agravarse ou modificarse pola concorrencia.
  • Ante riscos graves ou moi graves, facilitar a información por escrito.
  • Comunicar de inmediato toda situación de emerxencia susceptible de afectar á saúde ou á seguridade do persoal.
  • Cumprir as instrucións sobre prevención de riscos dadas polo empresariado titular do centro de traballo.

Son 5 os pasos que tes que dar para darte de alta no emprego autónomo en Galicia. Consulta neste apartado da Oficina Virtual a información completa, cos enlaces á información e á documentación requirida en cada un dos pasos, cos seus correspondentes trámites.

Podes capitalizar a prestación e, en determinados supostos, poderás compatibilizala co desenvolvemento da túa actividade no emprego autónomo, pero ambas opcións (capitalización e compatibilización) son excluíntes entre si.

Se decides capitalizar a prestación (podería chegar ao 100% da cantidade que teñas pendente de cobro) terás que decidir se os cartos os dedicas a pagar as túas cotas da Seguridade Social, ou a pagar investimentos relacionados directamente coa actividade.

Se decides compatibilizar a prestación, poderás seguir cobrando unha parte da prestación contributiva por desemprego durante os primeiros nove meses de actividade, para asegurar uns certos ingresos ao iniciarte no emprego autónomo.

No caso de compatibilizar, se a duración da túa prestación é superior a 9 meses, a parte restante poderías recuperala en sucesivos episodios de desemprego, sempre que cumpras determinadas condicións.

Si é posible cambiar as bases de cotización, pero na actualidade isto só pode facerse un máximo de catro veces ao ano e en determinados prazos establecidos pola Seguridade Social. Se tes interese en facer un cambio na túa base de cotización, mantén atención a estes períodos e infórmate con maior detalle neste enlace da Seguridade Social.

Non, a figura da media xornada non se contempla no réxime autónomo. O que si é posible, sempre que reúnas os requisitos, é beneficiarse da tarifa plana para as persoas traballadoras autónomas, que reduce a túa achega en concepto de cota á Seguridade Social a 50 euros ao mes, e que en Galicia se pode prorrogar máis alá da duración prevista no resto de España grazas ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia.

Como gasto fixo cada mes terás que asumir o pago da cota da Seguridade Social, en función da base de cotización que teñas elixido ao darte de alta, ou das modificacións posteriores da mesma. Non obstante, se inicias por primeira vez a túa actividade no réxime autónomo, poderías beneficiarte da tarifa de 50 euros.

Como gastos variables en función das cantidades facturadas e os beneficios obtidos, con carácter xeral terás que liquidar cada trimestre o IVE e o IRPF.

Se te inicias por primeira vez ou levas máis de 2 anos sen estar de alta no RETA (este último prazo amplíase a 3 anos no caso de que gozases con anterioridade dalgunha tarifa reducida) podes ter dereito á tarifa plana de acordo ás seguintes opcións:

As persoas acollidas á base mínima, pagarán 50 € durante os primeiros 12 meses para altas a partires do 1 de xaneiro de 2018, outros seis meses cunha redución do 50% da cota e outros 3 cunha redución do 30%, pasando a partires do mes 25 a aboar a cota mínima ao completo.

NOTA: as mulleres menores de 35 e os homes menores de 30 anos poden apliar a redución do 30% ata o mes 36, aboando a cota mínima a partires do mes 37.

As persoas que opten por unha base de contización superior aplicarán o 80% de bonificación sobre a base. Os tramos tras ese ano de inicio da actividade quedan no 50% de bonificación no primeiro semestre do segundo ano de actividade e o 30% no segundo semestre, pasando a partires do mesm 25 a aboar a cota completa.

Legalmente si é posible facelo. A única limitación ao respecto podería vir pola existencia de incompatibilidades ou pactos en contrario no contrato de traballo asinado por conta allea (por cuestións relacionadas con facerlle a competencia á empresa para a que se está a traballar por conta allea, por exemplo).

Neste caso, se vas compaxinar o teu traballo por conta allea co traballo autónomo, ao darte de alta no RETA debes comunicar a túa situación a efectos do cálculo da túa cotización por incapacidade temporal.

Si, a Xunta de Galicia dispón de axudas específicas para persoas traballadoras autónomas e, ademais, contempla a posibilidade de que poidan participar en moitas outras axudas destinadas principalmente a pequenas empresas, pero nas que o emprego autónomo tamén ten cabida.

Consulta a sección de axudas da Oficina Virtual do Autónomo para más información sobre estas axudas.

Si é posible, e para facelo debes declaralo ao darte de alta na Axencia Tributaria (no modelo 037), especificando os metros cadrados que vas destinar á túa actividade e que porcentaxe representa con respecto ao total da vivenda. Empregando esta porcentaxe poderás desgravar determinados gastos (electricidade, Internet...).

No caso da maternidade existen axudas para as traballadoras autónomas, podendo solicitar a baixa por descanso no caso de maternidade, adopción, acollemento ou tutela familiar. Para solicitalas precisas estar de alta no RETA e ao día no abono da cota á Seguridade Social e, en función da túa idade, un período mínimo de cotización determinado.

Infórmate en maior detalle neste enlace da Seguridade Social, no apartado correspondente ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

No caso de paternidade, os traballadores afiliados no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos hai tamén axudas á prestación de paternidade nos mesmos termos e condicións que os traballadores do réxime xeral, aínda que con determinadas particularidades propias do réxime. Infórmate destas e da prestación en maior detalle neste enlace da Seguridade Social, no apartado correspondente ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

As persoas traballadoras autónomas poden xerar o dereito a percibir unha pensión de xubilación. Para cobrar o 100%, na actualidade debes ter 65 anos e ter cotizado un mínimo de 35 anos, aínda que entramos nun período transitorio que elevará a idade a 67 anos e o período cotizado ata os 37 anos para o 2027. A partires desta data, só as persoas traballadoras autónomas que teñan cotizado máis de 38 anos poderán xubilarse aos 65.

Non é posible neste réxime xubilarse antes de ter cumprido os 60 anos, salvo causa de incapacidade permanente.

O emprego autónomo non está incorporado dentro dos acordos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego, polo que non é posible bonificar accións de formación. Non obstante, a Xunta de Galicia desenvolve anualmente un plan de formación específico para que as persoas traballadoras autónomas poidan mellorar a súas competencias, ao tempo que tamén permite a súa participación en determinadas accións dirixidas a persoas traballadoras ocupadas.

Para más información sobre accións de formación para persoas traballadoras autónomas, consulta o apartado de formación da Oficina Virtual do Autónomo.

O bono autónomo é unha axuda creada pola Xunta de Galicia para apoiar a consolidación da actividade das persoas que desenvolven a súa actividade neste réxime e estean por debaixo dun determinado nivel de facturación, dando acceso a múltiples servizos para a mellora competitiva do teu negocio ou actividade.

Acceder ao bono autónomo implica a realización dunha análise inicial do potencial competitivo a cargo do persoal da rede de técnicos da Xunta de Galicia en diversos ámbitos de negocio (desenvolvemento estratéxico, xestión financeira, procesos, xestión comercial, imaxe e comunicación...).

Por suposto. Os plans de negocio non só son para as empresas, sendo moi recomendable que desenvolvas un antes de poñer en marcha a túa actividade, para reflexionar pausadamente sobre como levar a cabo o teu proxecto coas máximas garantías.

Se precisas apoio da rede de persoal técnico da Xunta de Galicia, consulta o mapa de recursos da Oficina Virtual do Autónomo para localizar o punto de atención máis próximo e axeitado ás túas necesidades.

Por suposto. A única consideración é que a baixa terá efecto desde o mesmo día en que te deas de baixa tan só as primeiras 3 baixas do ano (pasado este límite, terá efecto a partires do último día do mes no que a solicites, polo que a cota do dito mes terás que abonala completa). Ademais, non poderás darte de baixa se mantés débedas coa Administración e, en calquera caso, deberás realizar as declaracións trimestrais correspondentes ao trimestre en que te das de baixa, e igualmente debes cumprimentar as declaracións anuais do ano no que te deas de baixa.

Ademais dos contidos informativos que podes consultar nestes momentos, a Oficina Virtual do Autónomo está a desenvolver unha zona privada desde a que poderás:

  • Acceder á Xanela Única do Emprego Autónomo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para consultar calquera cuestión de interese que entre dentro do seu ámbito competencial.
  • Contactar co persoal técnico da rede da Xunta de Galicia para solicitar información, asesoramento especializado ou mentoring personalizado para o teu negocio, xa sexa de xeito presencial, online ou mesturando ambas posibilidades, como mellor che veña.
  • Coñecer o catálogo de servizos doutras persoas autónomas rexistradas que queiran darse a coñecer, solicitar a súa colaboración en proxectos conxuntos para potenciar mutuamente os vosos negocios ou responder ás solicitudes de colaboración delas.
  • Dispoñer dun escaparate virtual xestionado por ti para dar a coñecer os teus servizos ou produtos a potenciais clientes.
  • Acceder a unha canle para achegar suxestións sobre novos contidos, servizos ou estudos a realizar desde a Oficina Virtual do Autónomo.
  • Acceder á Sede Electrónica da Xunta de Galicia para a realización e seguimento de trámites administrativos.
  • Solicitar apoio en materia de prevención de Riscos Laborais para o emprego autónomo.