Con independencia de que as persoas traballadoras autónomas poidan participar nas accións de formación dirixidas a persoas ocupadas planificadas pola Xunta de Galicia, como parte do desenvolvemento da Estratexia Autónomo 2020 estase a planificar un programa de formación dirixido especificamente ao emprego autónomo que será aprobado en próximas datas.

Unha vez estea aprobado, desde esta páxina da Oficina Virtual do Emprego Autónomo poderás acceder á relación completa dos cursos, coa posibilidade de solicitar a túa participación nos que resulten do teu interese.

Consulta periodicamente esta información e aproveita a posibilidade de potenciar o teu perfil competencial para mellorar os resultados do teu negocio. 


CURSO NIVEL BÁSICO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Aberto o prazo de solicitude

Modalidade: En liña (teleformación)

Horas: 35

Prazas: 150

Data de inicio: 17 de outubro de 2017

Data de finalización: 23 de novembro de 2017

Exame final presencial o 23 de novembro ás 10:00 horas

Programa:

  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
  2. Riscos xerais e a súa prevención
  3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención
  4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos
  5. Primeiros auxilios
  6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero

As persoas que superen o exame final obterán o correspondente certificado, que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais

Máis información e inscrición neste enlace do portal web do ISSGA