Co fin de aglutinar toda a información xerada pola situación que se está vivindo en relación coa propagación do Coronavirus (Covid-19), a Oficina do Autónomo ten integrado nesta sección todos aqueles contenidos que se consideran de especial interese para dar resposta aos distintos ámbitos da actividade diaria do emprego autónomo.

Primeiramente, polo seu interese. é preciso informar do portal específico da Consellería de Economía, Emprego e Industria no que se tratan os temas económicos e formativos vinculados á pandemia. Dende o seguinte enlace se pode acceder:

Portal sobre o Coronavirus

Seguidamente, se presentan os distintos apartados de referencia para o correcto seguimento das medidas adoptadas no ámbito laboral para as persoas traballadoras autónomos:

Información de especial interese relativa á entrada en vigor do Real Decreto-lei 30/2020!

Atendendo á publicación e entrada en vigor do Real Decreto-lei 30/2020, de medidas sociais en defensa do emprego, Emprego Galicia ten elaborado unha infografía explicativa para dar a coñecer as principais novidades introducidas. Na seguinte imaxe tes acceso á mesma:

Imaxe infografia RDL30-2020

As empresas con persoas traballadoras afectadas por ERTE tramitados conforme ao previsto nos artigos 22 ou 23 do Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, que estean vixentes á data de entrada en vigor deste Real Decreto lei 30/2020, deberán formular unha nova solicitude colectiva de prestacións por desemprego antes do día 20 de outubro de 2020.

A dita solicitude presentarase exclusivamente utilizando a sede electrónica do SEPE, non sendo válido o envío a través do Rexistro Electrónico Xeral (Rede SARA), correo electrónico nin calquera outro medio.

Para que non se produzan incidencias posteriores, por favor revisa co máximo detalle os datos achegados das persoas traballadoras: DNI, conta bancaria, Base reguladora (media do último 180 cotizados na empresa e tendo en conta as reducións de xornada por garda legal que procedan), porcentaxe de contrato a tempo parcial (media dos últimos 180 días do contrato que causa ERTE-...)

Todas as prestacións que se atopen de alta na data de entrada en vigor do Real Decreto-lei 30/2020, correspondentes a persoas traballadoras afectadas por ERTES derivados do COVID-19 serán dadas de baixa a data 30 de setembro de 2020.

Exclusivamente ás persoas traballadoras afectadas por ERTES incluídas na nova solicitude colectiva de prestacións que presente a empresa antes do 20 de outubro de 2020 se lles recoñecerá de novo a prestación por desemprego a partir do día 1 de outubro e como máximo ata o 31 de xaneiro de 2021, aínda que carezan de cotizacións suficientes para iso.

Ademais, Diario Oficial de Galicia ten publicado o modelo normalizado (TR820Y) para que as empresas que se atopan nun ERTE con orixe na COVID-19 e dependan das actividades protexidas polo Real Decreto lei 30/2020 do Goberno de medidas sociais en defensa do emprego, soliciten o seu recoñecemento como integrantes ou dependentes da súa cadea de valor.

As empresas deben cursar a súa petición por medios electrónicos antes do 19 de outubro e, de ser recoñecidas, poderán beneficiarse de exoneracións nas cotas do 85% -no caso de contar con menos de 50 persoas traballadoras- e de ata o 75% para as de maior tamaño.

Declaración de empresa dependente-TR820Y

Tamén, no caso dun ERTE ETOP vinculado ao COVID-19 en vigor á entrada do RDL 30/2020, é moi importante ter en conta a Orde pola que se regula o procedemento (TR820Z) e se aproba o modelo de comunicación das súas prórrogas.

Orde que regula o procedemento TR820Z Tramitación Sede Electrónica TR820Z

Nos enlaces seguintes podes consultar a Guía rápida-2020, a folla informativa empresas, a solicitude colectiva de prestacións por desemprego por ERTE COVID-19 (RDL30/2020) e a solicitude colectiva de prestacións por desemprego de fixos descontinuos que remitiu a Emprego Galicia.

Guía rápida tramitación Folla informativa

Solicitude colectiva RDL30/2020 Solicitude fixos discontinuos

(Nota importante: Estes documentos son meramente informativos. Recomendamos encarecidamente que se utilicen os modelos propios do portal do SEPE, dadas as posibles variacións que se poidan producir respecto destes recibidos).

 

 

Dada a magnitude e a importancia da situación social e laboral xerada coa propagación do Coronavirus (Covid-19), dende a Oficina do Autónomo se quiere dar acceso a toda a información da que dispón o Servizo Galego de Saúde, organismo que asume o papel de referencia nesta situación de risco en Galicia.

Infografia recomendacións Sergas

(Pulse sobre a imaxe para ver a infografía completa)

Co obxectivo de que as persoas traballadoras autónomas poidan contar co maior número de apoios posibles, a Xunta de Galicia está a publicar diversas axudas e medidas para que aquelas poidan facer fronte ao COVID-19. 

Por iso, nesta sección preséntanse as distintas liñas promovidas:

   Liña de financiamento IGAPE   

Medidas excepcionais impostos

 Fondo formación Cooperativas 

Adicionalmente, en relación coas medidas promovidas polo Goberno de España, as persoas traballadoras autónomas dispoñen tamén das seguintes axudas ou apoios para atender a esta situación:

             Liñas de avais ICO           

       Bono social autónomos        

   Liña de circulante exportación

         Bonificacións hostalería      

    Moratoria cotizacións sociais  

A modo de resumo se inclúe tamén no seguinte enlace ao documento informativo sobre as medidas COVID-19 aplicables a persoas traballadoras autónomas:

Medidas COVID-19 Autónomos

 

O Goberno galego mantén unha comunicación activa e permanente cos diferentes axentes sociais e socioeconómicos sobre o coronavirus, tendo xa en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e doutras enfermedades emerxentes. 

Toda a información sobre esta enfermidade está dispoñible a través dos seguintes enlaces:

Portal informativo Sergas

Recomendacións Sergas

Seguidamente, pola súa importancia no conxunto do colectivo de persoas traballadoras autónomas, adicionalmente se inclúen as recomendacións do Instituto Social da Mariña en materia de medidas sanitarias e de seguridade a adoptar nos buques pesqueiros polo Covid-19

      Recomendacións ISM      

Tal e como establece o artigo 17 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, as persoas traballadoras cuxas actividades queden suspendidas ou cando a súa facturación no mes anterior ao que se solicita a prestación se vexa reducida, polo menos, nun 75 por cento en relación co promedio de facturación do semestre anterior, terán dereito á prestación extraordinaria, con carácter excepcional e vixencia limitada a un mes a partir da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, ou ata o último día do mes no que remete o dito estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. A dita prestación tense que solicitar a través da mutua colaboradora coa Seguridade Social á que estea adscrita a persoa traballadora autónoma. As ditas mutuas teñen habilitados formularios e instruccións nas súas páxinas web para descargar e completar as solicitudes e poder achegar tamén a documentación pertinente.

Tes máis información sobre como solicitala segundo indica o propio Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, xunto cun enlace a preguntas e respostas sobre a mesma, tamén do Ministerio e do Instituto Social da Mariña para as persoas que se atopan dentro do Réxime especial do Mar:

  Como solicitar a prestación   

Preguntas sobre a prestación

 Tramitación ISM Rex. do Mar 

            Tramitación SEPE           

En relación coa opción da tramitación a través do SEPE, é preciso indicar que este Servizo ten publicado que "nos casos nos que os autónom@s non optaran por unha mutua, ábrese un período EXTRAORDINARIO no que deberán elixir unha e solictar nese momento o cese de actividade".

Por último, a continuación se inclúe unha guía con preguntas e respostas en relación coa prestación extraordinaria por cese de actividade do Ministerio de Trabajo y Economía Social:

Guía prestación extraordinaria

Trala publicación do RD lei 9/2020, a Xunta de Galicia ten elaborado, ademais do soporte a través do 900 815 600, unhas infografías cos pasos para a tramitación dos ERTE asociados á incidencia do COVID-19:

  Paso a paso ERTE forza maior

      Paso a paso ERTE ETOP      

    Preguntas frecuentes ERTE    

Tamén se indica a continuación a información que publica o SEPE sobre a realización dos trámites de baixa das prestacións das persoas traballadoras afectadas por un ERTE que se van incorporando á actividade, así como para comunicar a baixa de prestacións de todas as persoas traballadoras afectadas polo ERTE:

     Comunicación baixas ERTE   

Adicionalmente, nos seguintes enlaces, pódense consultar o Real Decreto-lei 6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a proteción da saúde pública que, entre outras cuestións, asimila a accidente laboral a incapacidade temporal polos periodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo devandito virus; e o Real Decreto-lei 7/2020, de 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19.

  Real Decreto 463/2020  

  Real Decreto 465/2020  

  Real Decreto 476/2020  

  Real Decreto 487/2020  

 Real Decreto-Lei 6/2020 

 Real Decreto-Lei 7/2020 

 Real Decreto-Lei 8/2020 

 Real Decreto-Lei 9/2020 

Real Decreto-Lei 10/2020

Real Decreto-Lei 11/2020

Real Decreto-Lei 13/2020

Real Decreto-Lei 15/2020

Real Decreto-Lei 17/2020

Real Decreto-Lei 18/2020

Real Decreto-Lei 19/2020

Real Decreto-Lei 21/2020

Real Decreto-Lei 24/2020

Real Decreto-Lei 30/2020

As persoas traballadoras por conta allea que non deban acollerse ao permiso retribuído recuperable establecido no Real Decreto-lei 10/2020, terán dereito a que a empresa lles emita un certificado para facilitar os desprazamentos necesarios entre o lugar de residencia e o traballo.

A continuación se inclúe o modelo indicado, anexo da Orde do Ministerio de Sanidade SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020.

 O Real Decreto-lei 10/2020 é só de aplicación para as persoas traballadoras por allea!

Orde SND/307/2020

Para maior detalle, facilítase a continuación o acceso á información que o Goberno de España, a través do Ministerio de Sanidade, publica en relación co devandito virus.

    Acceso información Ministerio   

Actuación servizos PRL Empresas

Ademais, e como complemento, o ISSGA ten elaborado a seguinte documentación de prevención no traballo fronte ao coronavirus.

  Infografía xeral ISSGA  

Recomendacións xerais

Guía de recomendacións

Adicionalmente, en el siguiente enlace puedes acceder al conjunto de publicaciones que ha elaborado para atender a la prevención en esta situación provocada por el COVID-19:

  Guías y folletos sectoriais 

Para finalizar este apartado, a continuación tienes el acceso a todos los manuales de aplicación en el sector de la hostelería y turismo elaborados en colaboración por el SERGAS y Turismo de Galicia:

  Manuales y folletos sector turismo

Finalmente, dentro deste apartado se inclúen aquelas iniciativas da Xunta de Galicia que se enmarcan dentro do ámbito das medidas de apoio a pemes e persoas autónomas na recuperación da actividade trala situación de emerxencia xerada.

No seguinte enlace tes a posibilidade de acceder á plataforma de avaliación para o comercio en relación coa volta á actividade, podendo obter un informe específico en relación coa adaptación ás medidas de prevención e de seguridade fronte ao COVID-19.

Comercio Seguro

E no seguinte enlace tes o acceso á información sobre o asesoramento a persoas autónomas e pemes para reactivar o seu negocio co apoio de Igape Responde:

Igape Responde