Importante!

A Xunta de Galicia prové, mantén e pon a disposición de todas as persoas traballadoras autónomas en activo a presente ferramenta tecnolóxica da Oficina do autónomo. A dita posta a disposición é, entre outros efectos, para poñer en contacto a persoas autónomas que poidan estar interesadas en colaborar entre elas. Neste sentido, a Xunta de Galicia é allea e carece de calquera responsabilidade en relación aos acordos ou compromisos aos que ambas partes poidan chegar a adquirir no seu caso. Co proceso de alta recoñécese vostede como persoa traballadora autónoma en activo, colectivo ao que vai dirixido esta Oficina do autónomo.