• Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo

    Texto integro da Lei 6/2017, de 24 de outubro, de reformas urxentes do Traballo Autónomo, na que se inclúen diversas melloras en materia de emprego autónomo.

    Máis información
    • Etapa:

  • Presentación das SGRs sobre financiamento para o emprego autónomo

    Máis información
  • Presentación ICO Instrumentos de financiamento para o emprego autónomo

    Máis información
  • Presentación da Estratexia "Autónomo 2020"

    Resumo executivo coas principais liñas de actuación previstas na estratexia "Autónomo 2020".

    Máis información
  • Prevención de riscos na vendima

    Guía práctica para a prevención de riscos laborais durante o desenvolvemento das actividades da vendima.

    Máis información
  • Risco químico en salóns de peiteado

    Cada día na perruquería empréganse moitos e diferentes produtos cosméticos necesarios para realizar os seus múltiples servizos: lavado, acondicionado e peiteado, cambios de coloración, rizados e alisados,... e estes produtos poden conter axentes químicos perigosos. Coñece de xeito práctico con esta guía como protexerte dos riscos xerados.

    Máis información
  • Mapa de risco ergonómico de Galicia

    Dada a definición de mapa de riscos como un instrumento informativo que, mediante informacións descritivas e indicadores adecuados, permite coñecer as situacións de risco laboral e os traballadores expostos aos que afectan, neste sentido, o Mapa de Risco Ergonómico de Galicia busca analizar as situacións de risco asociado á carga física de traballo para a poboación traballadora galega, agrupando distintas actividades económicas e incluíndo a perspectiva de xénero.

    Máis información
  • Prevención de riscos no granito

    Guía práctica para a prevención de riscos no sector do granito.

    Máis información
  • Guía práctica de aforro de enerxía

    O obxecto desta guía é trasladar a información e os coñecementos necesarios que permitan racionalizar as actuacións das persoas interesadas, diminuíndo a dependencia enerxética e valorando as consecuencias sobre o medio ambiente, o que contribuirá á consecución dun “desenvolvemento sostido”.

    Máis información
  • Xestión de tesouraría no emprego autónomo

    Con este caderno preténdese achegar a xestión de tesouraría á actividade diaria dos autónomos e autónomas así coma os conceptos a ela asociados dun xeito sinxelo. O obxectivo último do caderno é facer fincapé na importancia que ten operar cun certo grao de planificación á hora de enfrontar os cobros e pagos que se teñen que facer durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial. Neste sentido, tamén se incide na informatización da xestión dos negocios facendo especial fincapé nas solucións de software libre que abaratan, dun xeito considerable, a informatización do proceso de xestión. 

    Máis información
  • Utiliza as TIC para fortalecer o teu negocio

    Este caderno analiza a utilidade e aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) en negocio e nas pequenas e medianas empresas. Para iso examina o seu uso en distintos ámbitos da práctica empresarial, como a comunicación e a mercadotecnia, a xestión de procesos, a utilidade e o aproveitamento da páxina web da empresa, etc.

    Máis información
  • Guía para a elaboración do plan de negocio: Modelo Canvas

    Neste manual preséntase unha ferramenta para a elaboración do plan de negocio, pero indícase tamén a relación con outros recursos, a súa descrición e a forma de aplicalos sobre o proxecto de negocio, co fin de facilitar que calquera persoa autómnoma poida adaptar os plans de negocio ás súas propias circunstancias.

    Máis información
  • Es un bo negociador?

    Este caderno combina un obxectivo xenérico, dar a coñecer os principios básicos da negociación (que caracteriza a un bo negociador, estilos de negociación...), e a súa aplicación práctica nas reunións con bancos e caixas para lograr financiamento.

    Máis información
  • Merchandising visual no emprego autónomo

    Cando se realiza unha actividade de venda ao público é moi importante coidar a presentación e colocación dos artigos, xa que a súa presenza pode influír notablemente na decisión da persoa consumidora de mercar o produto. Con este caderno preténdese introducir o concepto de merchandising visual como método de promoción no punto de venda, e proporcionarlle á persoa comerciante unhas nocións de como distribuír os seus produtos e elaborar un escaparate para que poida, deste xeito, facer o seu establecemento máis atractivo. 

    Máis información
  • A que me obriga a lei de protección de datos?

    Este caderno recolle aspectos básicos da xestión e aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, no desenvolvemento de actividades económicas. Explícanse de forma sinxela os principais aspectos que regula a norma ademais de presentar modelos tipo para algunha das accións que se deben realizar.

    Máis información
  • Fiscalidade do emprego autónomo

    Cando se desenvolve unha actividade por conta propia é de capital importancia coñecer as obrigas que existen en materia tributaria, xa que existe a obriga de cumprilas en forma e prazo. Neste manual preténdese dar unha visión global da fiscalidade á que está suxeita unha persoa física que se constitúe coma autónomo/a. No caderno abórdanse os impostos que afectan ao colectivo autónomo no desenvolvemento da súa actividade, facendo especial fincapé nas dúas obriga fiscais máis importantes para este colectivo: O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor Engadido.

    Máis información
  • Atraer e fidelizar clientes

    Este caderno recolle aspectos básicos da xestión de clientes, como captalos e fidelizalos a través do desenvolvemento de accións de promoción e a atención ás súas dúbidas e reclamacións.No mesmo trátanse cuestións como identificar e seleccionar clientes, deseñar unha promoción, fidelizar clientes, a atención ao cliente ou a xestión de reclamacións, entre outras.

    Máis información
  • Como elaborar a análise DAFO

    Este manual describe o proceso de elaboración e deseño dunha matriz DAFO, (acrónimo de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) que permitirá á persoa autónoma empregar unha ferramenta moi útil para executar a súa dirección estratéxica. Os resultados da análise DAFO facilitarán a previsión da situación do negocio no curto e medio prazo e establecer a estratexia a seguir para lograr un correcto axuste entre a súa capacidade interna e a súa posición competitiva externa.

    Máis información
  • Comunicación e técnicas de venda

    Neste manual práctico de xestión explícanse de xeito sinxelo as técnicas de comunicación e as técnicas de venda que pode aplicar o colectivo autónomo. É importante que o esforzo comercial se realice non só ao inicio da actividade, senón durante toda a vida do negocio, buscando as fórmulas máis axeitadas segundo o tipo de actividade desenvolvida.

    Máis información
  • Análise da competencia

    Neste manual práctico de xestión trátase a importancia da análise continuada da competencia para conseguir consolidarse no mercado, ao tempo que se explican técnicas e métodos que poden ser de utilidade para realizar esta análise.

    Máis información
  • Instrumentos básicos de financiamento

    Manual práctico de xestión que describe detalladamente os principais recursos e instrumentos financeiros que se poden atopar actualmente no mercado e aos que poden acceder as persoas traballadoras autónomas. Indica as características de cada unha das alternativas, as súas vantaxes e desvantaxes e as situacións ás que mellor se adaptan os mesmos.

    Máis información
  • Profesións reguladas

    Publicación do Instituto Galego das Cualificacións cunha análise das profesións reguladas e as súas posibles vinculacións cos certificados de profesionalidade das distintas familias formativas.

    Máis información
  • Aforro enerxético no comercio

    Guía práctica de aforro enerxético dirixida a comerciantes, coa finalidade de facilitarlles a análise da xestión enerxética do seu establecemento, proporcionando información, recomendacións e consellos prácticos para unha maior eficiencia.

    Máis información