Programa Emprega Muller para a contratación por conta allea - FSE - 2019


  • 25/04/2019
  • 30/09/2019
Accede dende aquí

TR350A - Subvencións do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea - 2019

Data de publicación: 25/04/2019

Data inicio de solicitude: 26/04/2019

Data fin solicitude: 30/09/2019

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, promovendo incentivos á súa contratación por conta allea.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva e suxeita ao réxime de mínimis que inclúe dous tipos de axudas compatibles:

1. Bono de contratación, coa concesión dunha subvención para:

  • a contratación indefinida inicial,
  • a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, 
  • a transformación de contratos temporais en indefinidos (deberán de ser a tempo completo) e
  • para os casos de contratos indefinidos a tempo parcial será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación

2. Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contrato.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na Orde.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
xoves, 25 Abril, 2019
Válido ate: 
luns, 30 Setembro, 2019