Axudas destinadas a fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero - sector agrario - 2019


  • 23/07/2019
  • 23/08/2019
Tramita dende aquí

MR466A -  Axudas destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero - sector agrario

Data de publicación: 23 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 24 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 23 de agosto de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero a través do financiamento da súa contratación por empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións do sector agrario (procedemento MR466A) que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade destas axudas reguladas na presente orde é contribuír a que as mulleres vítimas de violencia de xénero acaden unha maior autonomía a través da súa independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración social.

Características da axuda

Será subvencionable a contratación con carácter temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou de mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, para o desempeño dun posto de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

O contrato deberá formalizarse por un período mínimo de 3 meses e máximo de 12 meses.

O contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. Neste último caso, a xornada terá que ser, polo menos, do 50 % da xornada ordinaria que se estableza no convenio colectivo correspondente.

O número máximo de contratacións que se subvencionarán a cada solicitante será de 4. No caso de non esgotamento do crédito orzamentario, poderá terse en conta un número maior de contratacións por solicitante, atendendo á data de rexistro de entrada das solicitudes. 

A contía da subvención que se concederá ás entidades beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.

O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas do sector agrario de produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais (Ropciv) que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas na orde da publicación da axuda.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido dende: 
martes, 23 Xullo, 2019
Válido ate: 
venres, 23 Agosto, 2019