Actualmente xa rematado o prazo de solicitude para o ano 2018 da Remuda Xeracional

(Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, código de procedemento TR 341S)


Obxecto

Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Características da axuda

A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.
No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións
ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos(RETA).


Consulte aquí o texto íntegro da orde.

► Accede ao contido de referencia no ano 2018 deste programa neste enlace


Importante:

Teña en conta que só se admite unha inscrición por persona usuaria e por correo electrónico (non se permite o mesmo correo electrónico para dúas inscricións).

Lembre que, se posteriormente desexa darse de baixa, debe facelo presentando unha solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento PR004A dirixido ao Servizo de Emprego Autónomo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou á Secretaría Xeral de Emprego.