Programa Bono nova oportunidade das persoas autónomas


Novamente aberto o prazo de solicitude para o ano 2020 del Programa Bono nova oportunidade

(Programa segunda oportunidade das persoas autónomas, código de procedemento TR 341T)


Co obxectivo de apoiar ás persoas traballadoras autónomas que tiveron que pechar o seu negocio nos momentos máis críticos dos últimos anos, a Xunta de Galicia creou un programa específico para axudarlles a relanzar a súa actividade profesional, o Programa bono nova oportunidade.

Este Programa de nova oportunidade, publicado pola Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia (DOG), busca apoiar estas iniciativas de reinicio da actividade profesional mediante un apoio económico e a adquisición de novos coñecementos esenciais para esta nova etapa. Para isto, ten en conta dúas axudas: o bono de apoio e o bono formación.

Bono apoio

Concederase unha axuda de 6.000 euros ás persoas que estiveran inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquer outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta antes da entrada en vigor da orde.

Bono formación

A persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

A axuda máxima total será de 12.000 €.

É preciso lembrar que, tanto a Axenda 20 para o Emprego como a Estratexia do empleo autónomo 2020 xa reflectían a necesidade deste apoio, buscando que as persoas autónomas con experiencia e cunha evolución profesional importante que tiveron que pechar os seus negocios por causas económicas, poidan emprender novamente e poñan en valor a súa experiencia.

Inicialmente conta cun orzamento de 1.000.000 € e o prazo de solicitude estará aberto dende o 4 de febreiro ata o 3 de abril de 2020.

Ademais, as personas beneficiarias contarán co apoio da Rede de Mentoring do Igape para darlles asistencia e axudarlles na definición do seu novo negocio.

Convocatoria Bono nova oportunidade