Para propoñer e analizar as problemáticas que afectan ao emprego autónomo en Galicia, creouse co impulso da Xunta de Galicia a Mesa do Emprego Autónomo, un espazo para o encontro, o debate e o acordo en relación ás políticas públicas de promoción e apoio ao emprego autónomo en Galicia, contando coa participación das principais entidades asociativas do sector.

Co propósito de seguir impulsando o diálogo co sector, dentro da Oficina Virtual do Emprego Autónomo prevese a incorporación dun espazo privado no que as entidades participantes poidan atopar información e documentación de interese en relación tanto a pasadas reunións como a aquelas que se convoquen con posterioridade, favorecendo o debate, a transparencia e o consenso nas relacións cos representantes do emprego autónomo en Galicia, para avanzar xuntos na dirección de crear as mellores condicións para as persoas traballadoras autónomas no noso territorio.