O Bono Autónomo é unha axuda que a Xunta de Galicia ven de publicar por primeira vez neste ano 2017 para apoiar a persoas autónomas consolidadas (en alta cando menos os 42 meses anteriores á solicitude de xeito ininterrompido) que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia e que teñan un rendemento neto reducido nos rendementos de actividades económicas inferior a 30.000 euros anuais, xunto cunha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) no ano anterior ao da convocatoria.

Esta axuda poderá concederse para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional da persoa beneficiaria, mediante o pagamento anticipado de ata 3.000 euros para empregar nos seguintes servizos:

Profesionalización: 

  • Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento
  • Servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística
  • Relanzamento comercial
  • Imaxe e comunicación
  • Posicionamento web.

Desenvolvemento estratéxico: 

  • Plan de mellora empresarial
  • Marketing
  • Redefinición do modelo de negocio
  • Identificación de socios e redes de cooperación.

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non descrito anterioremente que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade. E poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona.

Acceso directo á sede electrónica da Xunta de Galicia para a súa tramitación.