O instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) dispón de numerosos recursos e contidos destinados especificamente a cubrir as necesidades do emprego autónomo en materia de seguridade e saúde laboral.

Prevención 10

Ferramenta dispoñible en liña desenvolta polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a través da cal resulta máis sinxelo integrar a prevención de riscos laborais no desenvolvemento da actividade. Consta dos seguintes módulos:

  • Avalía-t: para o establecemento do plan de prevención, a avaliación de riscos e a súa planificación
  • Stop riscos laborais: servizo telefónico de asistencia e orientación á pequena empresa e ao traballo autónomo (901 25 50 50).
  • T-formas: facilita o cumprimento das obrigas da persoa traballadora autónoma, permitíndolle complementar a súa formación en materia preventiva e, en particular, sobre a prevención dos riscos específicos da súa actividade.
  • Autoprevent: facilita ás persoas traballadoras autónomas sen persoal ao seu cargo o asesoramento técnico necesario para o cumprimento dos seus deberes en materia de prevención de riscos laborais e promove formación adaptada ás peculiaridades do colectivo.

Se resulta do teu interese, accede á web do servizo Prevención10 desde este enlace.

Recoñecementos médicos

O ISSGA tamén ofrece ás persoas traballadoras autónomas a posibilidade de realizar nos seus centros, de xeito gratuíto, recoñecementos médicos específicos dirixidos a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Consulta o folleto informativo deste servizo neste enlace, e se queres solicitalo descarga o modelo de solicitude de recoñecemento médico que se achega a continuación.

Formación en prevención

Desde o ISSGA tamén se desenvolven accións de formación que permiten ás persoas autónomas adquirir os coñecementos requiridos na materia para posibilitar a efectiva integración da actividade preventiva no seu día a día, dando cumprimento ás esixencias legais e normativas na materia.

Se tes interese en realizar formación en prevención de riscos laborais, consulta aquí o catálogo completo da oferta formativa do ISSGA. Desde este enlace, accedendo ao curso do teu interese poderás solicitar a túa inscrición no mesmo, dentro do mes anterior ao seu inicio.

Recursos adicionais

O ISGGA pon toda outra serie de recursos adicionais aos anteriores e que poden ser igualmente de interese para as persoas traballadoras autónomas, tales como normativa, estudos e análises específicos ou guías técnicas. A continuación presentámosche unha mostra dunha das últimas guías que esta a publicar regularmente.

En todo caso, consulta neste enlace a relación completa destes recursos e accede aos que resulten do teu interese.